estado do tempo
Hoxe é sábado 28 de xaneiro, temos 3ºC e prevese algo nubrado en Santiago de Compostela
  • galego
  • español
  • english
  • português
  • français
  • deutsch
  • italiano

 

Paixón, música e moito máis...

 

A Semana Santa compostelá soubo engadir ás tradicionais procesións e aos actos litúrxicos un programa cultural de proxección internacional que ‘toma’ as principais igrexas monumentais da cidade para ofrecer un enriquecedor percorrido pola música sacra e espiritual do mundo. É o prestixioso ‘Festival de Músicas Contemplativas’, ao que se suman, ademais, visitas e excursións turísticas e propostas culturais para ‘apaixonarse’ pola cidade.